Candaina 2024

09 junio, 2024 en Paseo de la Ribera, A Ponte de Xuvia, Xuvia, Xubia, Narón, Ferrol, La Coruña, Galicia, 15510, España

Carreira
  • Fecha de inicio: 09 junio, 2024 - 10:30
  • Precio: 08.00€
  • Longitud: 7000 metros
  • Inscritos: 9 de 500
  • Cierre de inscripciones: En 15 días (04 junio, 2024 - 23:59, o hasta agotar plazas)

Inscripciones abiertas, ¡plazas limitadas!
2% inscritos
Andaina
  • Fecha de inicio: 09 junio, 2024 - 10:30
  • Precio: 08.00€
  • Longitud: 7000 metros
  • Inscritos: 15 de 500
  • Cierre de inscripciones: En 15 días (04 junio, 2024 - 23:59, o hasta agotar plazas)

Inscripciones abiertas, ¡plazas limitadas!
3% inscritos
Ayuda a participantes

Descripción de la carrera

O EVENTO:

Trátase dunha andaina e carreira solidaria a favor da asociación Cometa, na que poderá participar calquera persoa debidamente inscrita en tempo e forma, sen límite de idade nin diferenciación de sexo. Os menores de idade, poderán participar acompañados

dun adulto (proxenitores, tutores legais ou autorizados polos mesmos) e se levará a cabo no Concello de Narón.

Na zona da saida-meta, estará o posto da organización, e demais servizos operativos, onde se facilitará tódala información necesaria ao longo de todo o transcurso do evento. O finalizar a andaina, disfrutaremos de musica en vivo e de varios sorteos.

¿CANDO?

Dito evento, levarase a cabo o día 9 de xuño de 2024. Tendo que estar presente media hora antes da hora de saída. As 11:00 horas comezará a saída da carreira, e xusto despois do ulttimo corredor, sairá a andaina.

¿ONDE?

Trátase dun circuito marcado e controlado por persoas voluntarias e colaboradores que se realizará de xeito circular con saída e chegada ao parque de Xuvia, pasando polo Paseo da Ribeira, Camiño do Muiño, Senda peonil Xuvia – Freixeiro, Lugar de Cornido,

collendo o Camiño Inglés, Lugar Outeiro e Muiño das Aceñas, todos eles pertencen ao Concello de Narón.

A totalidade do circuito serán aproximadamente 7 kilometros, que se programará en dúas modalidades, carreira e andaina, as cales comezarán con horarios distintos, sendo a carreira a primeira en saír co fin de non entorpecer ás persoas da andaina.

DORSAIS:

A recollida de dorsais máis o pack de benvida, por parte dos participantes será no local da asociación, dirección Estrada O Feal, s/n 15570 Narón (43º31´15.0”N 8º10´38.2”W) dende o luns día 3 de xuño ata o venres día 7 de xuño en horario de 18:00

horas ata as 20:00 horas. Se por motivos laborais, ou de outra índole non se puidera recoller nese horario, acordaríamos outro horario, sempre baixo a petición previa á organización. A inscripción do dorsal mais o pack de benvida e de 8 euros.

Tamén contamos con “Dorsal 0” realizando unha doazón no numero de conta ES46 2080 5204 1530 4000 6980 titularidade : Asociación Cometa de Abanca.

BASES LEGAIS DE PARTICIPACIÓN:

CANDAINA 2024

REQUISITOS DE PARTICIPACIÓN

  • Calquera persoa debidamente inscrita en tempo e forma, sen límite de idade nin diferenciación de sexo. Os menores de idade, poderán participar acompañados dun adulto (proxenitores, tutores legais ou autorizados polos mesmos)
  • No se admitirán participantes que non estén inscritos mediante a plataforma oficial antes da data correspondente ou non leven o dorsal previamente entregado na comprobación dos seus datos. É obrigatorio para os participantes no evento, recoller os refugallos dos seus cans.
  • En caso de participar dúas ou máis persoas co mesmo can (núcleo familiar, outros…) tódolos participantes deberán facer sempre unha inscripción por persoa, agás nos nenos e nenas menores de 4 anos.
  • Será obrigatorio estar ao día das obrigas sanitarias en materia de tenza responsable e protección animal, segundo marca a actual Lei 7/2023, do 28 de marzo, de protección dos dereitos e o benestar dos animais. Antes e durante o evento realizaranse controis aleatorios aos cans participantes, co fin da comprobación do cumprimento das condicións anteriormente descritas. A tal efecto os veterinarios acreditados pola organización, poderán requerir ás persoas participantes o número do microchip do can en calquera momento, polo tanto será obrigatorio a posesión da cartilla sanitaria do animal durante todo o evento.
  • Recoméndase, pola seguridade do teu can e de outros, que conte coas súas vacinas actualizadas así coma a desparasitación animal ao día. Tamen recomendamos non dar auga os cans xusto o acabar a carreira, deixar un tempo de descanso ata que poidan beber.
  • Neste evento non haberá diferencia de categorías de idade, non se usarán chips, nin haberá cronómetro, otorgaranse premios aos tres primeiros postos masculinos e aos tres primeiros postos femininos. Trátase dun evento popular, cun obxetivo solidario.
  • Será obrigatorio, en caso de problemas de comportamento ou de socialización dos cans, acudir ao evento con boceira.
  • Poderán participar cans incluídos no rexistro de cans potencialmente perigosos sempre e cando cumpran cos requisitos normativos e de seguridade.
  • Tódolos cans, sen excepción, e durante todo o evento deberán ir suxeitos cunha correa, sendo aconsellable non usar correas flexibles.
  • Queda prohibida a participación das femias en celo, polas dificultades que poidera provocar para o desenrolo do evento. Tódolos participantes serán responsables directos da comprobación e idoneidade das condicións físicas óptimas para a realización deste evento, tanto dos seus cans coma deles mesmos.
  • Tódolos participantes serán responsables da comprobación da veracidade dos datos aportados na inscripción ao evento.
  • Será obrigatorio seguir as indicicacións de seguridade vial no lugar da realización do recorrido, ben sexan marcas, sinais ou indicacións por parte do voluntariado do evento.
  • Tódalas inscripcións son persoais e intransferibles. 
  • A Asociación Cometa con cif G15963234 e domicilio en Estrada do Feal s/n Narón, tratará os datos identificativos dos participantes e xestionará a súa inscripción no evento a través da plataforma 3, 2, 1 GO ( www.321go.es ). 
  • Para recoller o dorsal e o pack de benvida, será necesario a comprobación da correcta inscripción por parte da organización, cunha mostra do correo electrónico enviado pola plataforma oficial de inscripción. No caso de non poder acudir á recollida do dorsal e do pack de benvida, poderá ser recollido por outra persoa aportando unha autorización escrita e a mostra da inscripción do participante.
  • Tódolos participantes deberán levar o dorsal de xeito visible durante todo o evento. 
  • A non recollida do dorsal e do pack de benvida nas datas e horas sinaladas, provocará a perda do dereito de reclamación dos mesmos por parte da persoa participante.
  • No cumprimento da Lexislación vixente, a organización disporá de un seguro de responsabilidade civil, así coma un servizo de ambulancia na zona de saída-meta. 
  • Durante todo o evento, captaranse imaxes coa exclusividade e finalidade de difundir o mesmo a través de canles de titularidade da asociación. Así mesmo, poderán ser cedidas a medios de comunicación. Os participantes poderán compartir imaxes relacionadas coa súa participación no evento, mediante redes sociais. 
  • A inscripción no envento supón a aceptación tácita por parte do participante eximindo de toda responsabilidade legal á organización da Candaina 2024, por calquera incidente ou percance que puidera suceder tanto a persoa coma a can ao igual que no caso de que o can infrinxa a outros, algún dano ou prexuizo durante a súa participación no evento renunciando a toda acción legal que puidera derivarse da súa participación na Candaina 2024. 
  • Non se devolverá o importe da inscripción baixo ningunha circunstancia. 
  • A organización da Candaina 2024 resérvase o dereito a modificar calquera cuestión do evento coa suficiente antelación para que as persoas participantes estén informados a través de medios de comunicación propios.


Contacto para incidencias ou para calquera cuestión:

correo@asociacioncometa.org na nosa paxina de Facebook ou no noso Instagram.


Toda persoa que participe na Candaina 2024, sen estar correctamente inscrita o usen o dorsal oficial, faino baixo a súa responsabilidade e sen dereito a ningunha das prerrogativas das persoas debidamente inscritas e identificadas.


RESPONSABILIDADE

Tanto Asociación Cometa, organizadora da Candaina 2024, coma os seus colaboradores, non se fan responsables dos danos que puidesen causar ou causarse ás persoas participantes por imprudencias ou neglixencias das mesmas.

Igualmente, as persoas participantes e os seus cans declaran estar en condicións físicas óptimas para realizar as probas obxecto do evento e fano, en calquera caso, baixo a súa responsabilidade, eximindo a Asociación Cometa e aos seus colaboradores da

devandita responsabilidade.

O evento poderá ser suspendido por causas meteorolóxicas ou por causas de forza maior. A organización da Candaina 2024 resérvase o dereito de modificalo ou suspendelo, cando non se poida garantir a seguridade das persoas participantes.


RECOMENDACIÓN E ROGOS

  • A Candaina 2024 non é unha carreira competitiva polo que non é obrigatorio que o can e/ou a persoa propietaria realicen un esforzo atlético na mesma. Admitirase trote e paseo, pero para maior comodidade do animal, recoméndase o uso de arnés e correa fixa e non de colar simple, en calquera caso é OBRIGATORIO que o can vaia en todo momento suxeito da man da súa persoa responsable. As correas extensibles non son apropiadas para correr co noso can durante a carreira. Eses 2, 5 ou 10 metros de distancia entre ti e o teu can supoñen un gran risco para a integridade física de todos.
  • Ao tratarse dunha carreira non competitiva, non levarán a cabo clasificacións. 
  • Entregaránse premios aos 3 primeiros (3 homes e 3 mulleres) en chegar á meta de maneira simbólica.
  • A organización da Candaina 2024 suxire aos participantes que durante o transcurso da Carreira, e para unha maior seguridade de todos, leven ao seu can no lado esquerdo.
  • Candaina 2024 é un evento que se enmarca dentro das actividades de protección ambiental, por iso e polo sentido sanitario e cívico, é OBRIGATORIO para as persoas con cans participantes no evento recoller as feces fecais que o can poida deixar ANTES, DURANTE e DESPOIS do evento.
  • Á finalización da Candaina 2024, no caso da carreira, recomendamos ás persoas participantes non dar inmediatamente auga aos cans participantes, senón deixar un tempo aproximado de 30 minutos para administrarlla.


ACTUACIÓN DE VOLUNTARIOS ACREDITADOS E IDENTIFICADOS

Os voluntarios acreditados e identificados que colaboran no desenvolvemento do evento terán autoridade para chamar a atención e mesmo expulsar a aquelas persoas que durante o percorrido xeren algún tipo de incidente ou calquera anomalía que poida provocar danos, perxuizos, etc… a outros participantes. 


ACEPTACIÓN

  • As Bases Legais de Participación en Candaina 2024 poderán ser modificadas pola organización sen previa consulta ás persoas participantes e en base a criterios que permitan un correcto desenvolvemento do evento.
  • A participación no Evento Candaina 2024 implica a aceptación das presentes Bases Legais de Participación na súa integridade.


Información adicional

El organizador no ha proporcionado ninguna información adicional para la carrera.


Archivos adjuntos

El organizador no ha añadido ningún archivo adjunto para la carrera.

¿Cómo llegar a la carrera?