Trail dos Irmandiños - Castelo de Moeche
24 agosto, 2025 en Castelo de Moeche, DP-4907, O Pancunqueiro, Rañal, San Xurxo de Moeche, Moeche, Ferrol, La Coruña, Galicia, 15563, España
- Data de inicio: 24 agosto, 2025 - 10:30
- Prezo: 25.00€
- Lonxitude: 17000 metros
- Inscritos: 5 de 350
-
Peche de inscricións: En 44 días (14 agosto, 2025 - 23:59, ou ata esgotar prazas)
Inscricións abertas, ¡prazas limitadas!
- Data de inicio: 24 agosto, 2025 - 10:35
- Prezo: 00.00€
- Lonxitude: 100 metros
- Inscritos: 2 de 50
-
Peche de inscricións: En 44 días (14 agosto, 2025 - 23:59, ou ata esgotar prazas)
Inscricións abertas, ¡prazas limitadas!
Resultado: Introduza un DNI/NIF válido e prema o botón de buscar.
Resultado: Correcto. O DNI/NIF está asociado a unha inscrición correcta na carreira.
Resultado: Erro. O DNI/NIF non está asociado a ningunha inscrición correcta na carreira.
Descrición da carreira
REGULAMENTO DO IV TRAIL E ANDAINA CASTELO DE MOECHE
• ORGANIZACIÓN:
O Club Deportivo 21 Leguas organiza o “IV Trail dos IRMANDIÑOS “Castelo de Moeche”. A proba terá lugar o domingo 24 de agosto de 2025 dende as 10:30 hs con saída e chegada nas inmediacións do Castelo de Moeche, na parroquia de San Xurxo.
• COLABORADORES:
Para poder levar a cabo esta proba, contamos coa colaboración da Deputación da Coruña, o Concello de Moeche, Protección Civil , a Asociación de Veciños do Val de Moeche e Asociacion Cultural dos Irmandiños.
• DESCRIPCIÓN DA PROBA:
O Trail é una carreira de montaña de carácter popular que discorre por sendas, pistas e montes do val do Concello de Moeche. A distancia é de 17 kms e un desnivel positivo de 750 m.
E un trazado de dificultade técnica e física media-baixa.
Existe algún pequeño tramo de enlace por estrada e, ainda que haberá persoal da organización controlando o tráfico, os/as corredores/as deberán respectar as normas de seguridade viaria, xa que as estradas non estarán pechadas.
O percorrido estará debidamente sinalizado por cartéis, cintas e/ou pintura ecolóxica. A Organización poderá modificar o percorrido por causas alleas e/ou de forza maior.
O tempo máximo do que disporán os/as participantes do Trail para cubrir o respectivo percorrido, será de 3 hs 00 minutos no Trail (peche da meta as 13:30 hs).
Habilitaranse dous postos de avituallamento nos quilómetros 6 e 12,5 con auga, bebida isotónica, froita e doces; ademáis do disposto na meta. A carreira estará cronometrada por un sistema de cronometraxe mediante chip).
Asistencia médica: Os servizos sanitarios e a ambulancia estarán ubicados na zona de saida/meta.
• PARTICIPACIÓN:
Na proba poderán participar todos/as os/as corredores/as que o desexen sempre e cando cumpran os seguintes requisitos: Estar debidamente inscrito/a e pagada a cuota correspondente.
Ter 18 anos cumpridos o día da proba.
O/A corredor/a ten que estar físicamente ben preparado/a para a carreira, gozar de boa saude xeral sen padecer enfermidade, defecto físico ou lesión que poida agravarse coa súa participación en dita proba.
O/A deportista asume que para a realización da proba é necesaria unha boa condición física, psíquica e deportiva. Non é necesario posuir licenza federativa.
Os/As participantes non poderán sair do percorrido marcado.
A aceptación do regulamento supón, tamén, o compromiso e o respecto ó medio ambiente, a fauna e a flora, antes, durante e despois da proba.
Todos/as participantes están obrigados/as a auxiliar a posibles accidentados.
Os únicos vehículos autorizados a seguir a proba serán os designados pola organización quedando prohibido, para evitar posibles accidentes, seguir ós corredores en moto, bicicleta ou outro medio por todo o percorrido.
No caso de retirada da proba e/ou accidente, débese comunicar ó persoal da organización e entregar o dorsal.
O/A corredor/a asume toda a súa responsibilidade dende que abandona voluntariamente a proba ou é descualificado. Si decide continuar no percorrido será baixo a súa absoluta responsabilidade.
Os/As corredores/as deben vestir e calzar prendas adecuadas para o terreo e as condicións climáticas existentes.
Seguro: cada participantes estará amparado/a por unha póliza de Responsabilidade Civil e de Accidentes Deportivos, excluidos os casos derivados dun padecemento latente, imprudencia ou inobservancia das leis ou da normativa da competición, etc.
Tamén quedan excluídos os casos producidos polo desplazamento ao lugar da competición ou dende o mesmo.
A Organización poderá retirar da carreira, baixo o seu criterio, os/as participantes que teñan problemas físicos evidentes, tales como vómitos, desorientación, desmaios, etc. que poidan poñer en perigo a súa saude, ou aqueles/as que teñan mermas as suas condicións físicas para continuar en carreira.
É obriga de cada participante portar consigo calquera residuo que xere: envases, papeis, residuos orgánicos, etc., ata os lugares sinalados e habilitados pola organización.
As reclamación deberán ser feitas verbalmente á organización, non mais tarde de 30 minutos unha vez comunicado oficialmente os resultados.
• DESCUALIFICACIÓNS:
Quedará descualificado/a desta proba todo o/a que non cumpra o presente regulamento, non complete a totalidade do percorrido, deteriore ou ensucie o entorno, non leve o seu dorsal ben visible e o chip ben colocado ou desatenda as indicacións da organización.
Non auxiliar ó participante que o necesite.
Participar baixo identidade falsa ou suplantando a outra persoa.
Será motivo de descualificación calquera infracción grave ou comportamento antideportivo que estime a organización.
O descoñecemento de este regulamento non exime do seu cumplimento.
• PEKETRAIL:
Percorrido destinado os máis cativos, composto por tres distancias, Xabarí, Raposo, Esquíos que discorren por un trazado con saídas dende o Catelo. Esta modalidade non é competitiva polo que non se establecerá ningún tipo de clasificación.
Distancias:
1. Xabari: Hora 10:35h. Distancia 1500m. Idade de 10 a 13 anos cumpridos o ano de referencia.
2. Raposos: Hora 10:45h. Distancia 800m. Idade de 6 a 9 anos cumpridos o ano de referencia.
3. Esquíos: Hora 10:55h. Distancia 100m. Idade de 3 a 5 anos cumpridos o ano de referencia.
• INSCRIPCIÓN:
As inscripción, consulta de clasificación e tempos centralizaránse na páxina web do 321GO , o atleta deberá cubrir o formulario de inscripción, que estará limitada a un máximo de 350 participantes no Trail e 50 no Peketrail.
Os prezos da inscrición será de 25€ e 30€ no segundo periodo . A inscrición dá dereito a participar na actividade, seguro de responsabilidade civil, seguro de accidentes, avituallamentos, camisola conmemorativa (so primer periodo), visita ó Castelo, asistencia médica e duchas.
O primeiro período de inscrición remata o 4 de agosto de 2025 ás 23:59 hs.ou ata que se alcance o límite de 350 participantes.
O segundo período de inscrición remata o 14 de agosto de 2025 ás 23:59 hs. (este período terá un aumento de 5 euros e non incluirá a roupa conmemorativa do evento)*.
Todos/as participantes polo feito de inscribirse e tomar a saida, aceptan o presente regulamento e a cesión dos dereitos de imaxe e contados audiovisuais (sen fins comerciais) á organización.
De acordo co establecido na Lei Orgánica 15/1999 do 13 de decembro de Protección de datos de carácter persoal, todos os datos dos participantes recollidos no formulario de inscripción serán incluidos nun ficheiro privado propiedade do Concello de Moeche, con fins exclusivos de xestión da proba.
Todos os interesados poderán exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dos seus datos persoais mediante correo-e a club21leguas@gmail.com .
Todo/a participante, polo feito de inscribirse acepta as condición e regulamentacións impostas pola organización, polo que libera expresamente á organización ou a calquera outro patrocinador ou colaborador, ante todo tipo de accidente, lesión ou eventualidade que puidera xurdir derivada da sua participación na proba, e que non estivese cuberta polo seguro contratado.
As inscripción son persoais e non transferibles, supoñendo a aceptación de todo o disposto no presente regulamento e incluido o servizo de seguro ó que obrigan os preceptos legais.
Non se aceptarán inscripción fora do prazo establecido nin por outro medio.
Política de cancelación da inscripción: non se farán devolucións.
• SERVIZOS DA CARREIRA:
Inscricións, pasarela de pago e resultados on-line.
Cronometraxe por chip
Seguros de accidentes e R.C.
Servizo de ambulancia e asistencia médica.
Avituallamento líquido e sólido na carreira.
Duchas no CEIP de San Ramón.
Camisola conmemorativa*.
Peke Trail
Visita gratuita ós Castelo a corredores/as e acompañantes (so 24 de agosto)
Reportaxe fotográfico
Dous speaker animando a proba
Parking e Gardarroupa
• HORARIOS:
Sábado 23 de agosto de 2025:
. 16:00 a 20:00hs: Recollida de dorsáis no lugar establecido para ello.
Domingo 24 de agosto de 2025:
. 9:00 – 10:15: Recollida de dorsáis no interior do Castelo
. 10:30: Saida Trail
. 10:35: Peke Trail.
. 12:30: Entrega de trofeos ós primeiros clasificados
. 13:00: Clausura da proba.
. 14:00: Comezo de reparto de racións de comida.
• CATEGORÍAS:
Establécense as seguintes categorías:
SENIOR MASCULINO E FEMININO: 18 anos (cumpridos o día da proba) ata 39 anos (a cumplir no 2025)
VETERÁN MASCULINO E FEMININO: 40 anos en diante (a cumplir no 2025)
• PREMIOS:
Recibirán trofeo: Os/as tres primeiros/as clasificados/as de cada categoría e sexo.
O/a 1º clasificado/a empadroados no Concello de Moeche.
Trofeo e medallas para o equipo con mais membros participantes (para iso debe de facer constar o nome do equipo na inscripción).
Os/as premiados deberán estar presentes no acto de entrega de trofeos.
A organización pode solicitar documentación para comprobar a identidade e categoría dos/as premiados/as.
A non aportación desta, poderá ser motivo de descualificación.
• LOCALIZACIÓN:
A saida e meta situaranse nas inmediacións do Castelo de Moeche, na Parroquia de San Xurxo (Moeche) – Coordenadas 43°33′00″N 7°59′35″O – Nesta zona tamén estarán ubicados os servizos de ambulancia e asistencia médica, recollida de dorsáis, servizo de garderia, servizos, parking, fisioterapia e entrega de trofeos.
As duchas e zona de comida tamén se ubicarán nas proximidades do Castelo.
• DORSÁIS E CHIPS:
A organización pode requerir que os/as participantes se identifiquen co DNI na entrega de dorsáis.
Os/as corredores/as están obrigados/as a levar o dorsal facilitado pola organización. Este levarase nun lugar visible na parte dianteira durante toda a proba e non podrá ser doblado nin recortado.
A clasificación xeral oficial publicarase na web da empresa de cronometraxe.
• ORGANIZACIÓN E VOLUNTARIOS:
Declina toda responsabilidade en caso de accidente ou neglixencia, así como sobre a perda ou dano dos obxectos de cada participante.
A súa vez, os participantes exoneran á organización de toda responsabilidade en caso de accidente ou lesión.
A organización da proba garantirá a seguridade dos participantes dispoñendo para elo as medidas e persoal necesarios.
Contemplase a presenza de vehículos oficiais, tanto da organización como de medios de seguridade, debidamente identificados.
Os/as voluntarios/as prestarán asistencia e facilitarán información aos corredores/as.
Un grupo de voluntarios/as identificados/as con prendas oficiais da organización estarán situados en cruces, avituallamentos e zonas perigosas.
A organización reservase o dereito exclusivo das imaxes, fotografías, videos e información da proba, nas que poidan aparecer os/as participantes, así como de utilizar ese material para anuncios, relación públicas ou calquera outro propósito periodístico ou de promoción do evento.
Calquera proxecto mediático ou publicitario deberá contar previamente co consentimiento da organización.
Para todo o non específicado no Regulamento, acolerase ó disposto polo Comité Organizador.
A organización poderá decidir a suspensión ou aprazamento da proba con carácter previo por motivos organizativos, ou durante a celebración da mesma por calquera causa que afecte á seguridade na celebración da mesma (alertas por temporal, etc,), non xerándose dereito algún para os inscritos, agás o de devolución das taxas de inscripción.
Información adicional
O organizador non proporcionou ningunha información adicional para a carreira.