SANTISO GRAVEL RACE
19 septembre, 2026 à Pavillón Municipal de Visantoña (Santiso)
- Date de début: 19 septembre, 2026 - 09:30
- Prix: 30.00€
- Inscrits: 4 sur 300
-
Fermeture des inscriptions: Dans 175 jours (12 septembre, 2026 - 00:00, ou jusqu’à épuisement des places)
Inscriptions ouvertes, places limitées !
Résultat: Saisissez un DNI/NIF valide et appuyez sur le bouton Rechercher.
Résultat: Correct. Le DNI/NIF est associé à une inscription valide à l’événement.
Résultat: Erreur. Le DNI/NIF n’est associé à aucune inscription valide à l’événement.
Description
Regulamento SANTISO GRAVEL RACE
ART 1 - ORGANIZACIÓN
SANTISO GRAVEL RACE é unha marcha cicloturista deportiva non competitiva organizada polo Excelentísimo Concello de Santiso.
ART 2 - DATA, FORMATO E CARÁCTER DA PROBA
A data prevista de realización da proba é o sábado 19 de setembro de 2026, cun formato NON COMPETITIVO.
A saída será ás 9:30 horas dende o Pavillón Municipal de Visantoña (Santiso) (42.86, -8.11). A meta será no mesmo lugar da saída.
Non haberá premios económicos, pero si unha clasificación xeral cos tempos de cada participante e un obsequio para os 3 participantes masculinos e femininos que realicen a proba en menos tempo na distancia larga.
A proba limítase a 300 participantes e está aberta a todo interesado en participar cunha idade mínima de 18 anos. Os menores de idade maiores de 16 anos poderán participar acompañados dun adulto en todo momento.
Poderase participar con bicicleta de GRAVEL ou con bicicleta BTT, tanto pulmonar como eléctrica.
A participación con bicicletas BTT está limitada a un máximo de 50 participantes, co obxectivo de non deturpar a esencia da proba.
Os participantes con bicicleta BTT e con bicicleta eléctrica, tanto GRAVEL como BTT, non poderán optar a ningún tipo de obsequio por tempos.
ART 3 - INSCRICIÓNS
O prazo de inscrición rematará o 12 de setembro ou até esgotar as prazas dispoñibles (300).
O pago só se poderá realizar por internet dunha forma segura e sinxela con tarxeta de crédito a través da pasarela de pago proposta pola organización.
Non se considera formalizada a inscrición até a confirmación de pago.
O prezo da inscrición será de 30€ até o 19 de xullo e de 35€ dende o 20 de xullo até o fin do prazo de inscricións. Os deportistas non federados deberán pagar a maiores o seguro dun día da Federación Galega de Ciclismo (+15€).
En caso de estar inscrito e non poder participar na proba devolverase a totalidade da inscrición até o 19 de agosto, a partir desta data non se farán devolucións.
A cota de inscrición da dereito a participar no evento, ademais de dispoñer de:
● Seguro de accidentes durante a proba
● Recibir avituallamento durante a proba
● Recibir avituallamento en meta
Regulamento SANTISO GRAVEL RACE
● Dispoñer de asistencia médica durante e despois da proba
● Uso da zona de lavado de bicicletas
● Acceso á zona de duchas
● Bolsa do participante
ART 4 - RECOLLIDA DE DORSAIS
Tanto a localización da entrega dos dorsais como os horarios de recollidas serán comunicados nas RRSS da proba.
Para a retirada do dorsal será imprescindible presentar o DNI; en caso de recoller o dorsal doutro participante, deberase entregar unha autorización expresa asinada e o DNI.
Cada participante deberá levar o dorsal situado en lugares visibles.
ART 5 - PERCORRIDO
Estableceranse dous percorridos con diferentes distancias que cada participante deberá escoller no momento da inscrición.
Os tracks dos percorridos estarán dispoñibles a semana previa ao evento.
O percorrido estará sinalizado en puntos onde se poida xerar confusión e en zonas perigosas, sendo responsabilidade de cada corredor a orientación mediante dispositivo GPS. É recomendable levar cargado o trazado no dispositivo GPS en todo momento.
En zonas conflitivas contarase con persoal voluntario e de emerxencias para garantir a seguridade dos participantes.
O percorrido está aberto ao tráfico, polo que é de obrigado cumprimento a normativa circulatoria. Durante o percorrido é posible atopar outros ciclistas non participantes no evento, así como sendeiristas, coches ou tractores, polo que hai que maximizar a atención.
É obrigatorio o uso do casco de seguridade.
ART 6 – INSTALACIÓNS DESMONTABLES
Existirán instalacións portátiles no lugar de saída e chegada da proba para o control dos asistentes, así como outra intermedia para a toma de tempos.
Ademais, haberá carpas desmontables en varios puntos ao longo do percorrido para a asistencia con comida e bebida aos participantes.
ART 7 - ACCIDENTES E PERDAS
A organización non se fai responsable de ningún accidente do que puidera ser causa ou vítima o participante provocado por unha acción temeraria ou irresponsable por parte súa,
como tampouco se fai solidario dos gastos nin das débedas que puideran contraer os participantes durante a marcha, nin dos extravíos ou avarías que puidesen sufrir as bicicletas u outro equipamento dos participantes.
O participante exime á organización de responsabilidade por perda ou deterioro de obxectos persoais por calquera circunstancia.
ART 8 - SEGUROS
A organización disporá dunha póliza de seguros de Responsabilidade Civil segundo a lexislación vixente. Todos os participantes contarán co seguro da Federación Galega de Ciclismo, xa sexa por estar federados como por contratar o seguro de día.
En caso de accidente, o corredor deberá acudir á organización que dará traslado á compañía de seguro para poder efectuar as atencións médicas necesarias. En caso de retrasalo poderá interpretarse que a lesión non corresponde ó día da proba denegándolle a cobertura do seguro.
No dorsal que recibirá cada participante, estará impreso un número de teléfono da organización, ó que deberá chamar ante calquera imprevisto.
ART 9 - RESERVA DO DEREITO A MODIFICAR
Se por condicións meteorolóxicas adversas u outras causas alleas á organización, esta se vise obrigada a modificar o percorrido ou suspender a proba, o organizador só terá a obrigación de informar, tan rápido como sexa posible, aos participantes sen que isto supoña unha carga para o organizador.
Se causas de forza maior impedisen a celebración do evento o día indicado, o Organizador devolverá o importe das inscricións aos participantes descontando os posibles gastos de xestión.
ART 10 - ACEPTACIÓN
O feito de inscribirse na proba supón a aceptación do presente regulamento e renuncia a todos os dereitos contra a organización, renunciando a toda acción legal que puidera derivarse da súa participación na proba.
ART 11 - MEDIO AMBIENTE
A proba transcorre por paraxes naturais de gran valor ambiental, polo que se será obrigación de todos a súa conservación, evitando tirar lixo fora das zonas habilitadas.
Será motivo de descualificación o incumprimento desta norma elemental por parte dos participantes.
ART 12 - DEREITO DE IMAXE
A aceptación do presente regulamento implica obrigatoriamente que o participante autoriza á organización á gravación total ou parcial da súa participación na mesma, presta o seu consentimento para que poida ser utilizada a súa imaxe na promoción e difusión da proba, de todas as formas posibles, e cede todos os dereitos relativos á explotación comercial e publicitaria que a organización considere oportuno executar, sen dereito pola súa parte a recibir compensación económica algunha.
ART 13 - EQUIPAMENTO
As bicicletas teñen que estar en condicións óptimas para afrontar esta proba. Cada participante está obrigado e terá que realizar un control de seguridade da súa propia bicicleta antes de empezar a proba.
O casco protector será obrigatorio durante a proba e terá que estar homologado.
Será obrigatorio o uso dun dispositivo GPS ou teléfono móbil no que se descargue o track da proba.
Recoméndase que a roupa se adapte á climatoloxía, que pode ser cambiante durante o transcurso da proba.
ART 14 - DESENVOLVEMENTO DA PROBA
O corredor deberá realizar o percorrido completo e está obrigado a seguir o percorrido oficial e será o único responsable en caso de perda.
O percorrido estará sinalizado en puntos onde se poida xerar confusión e en zonas perigosas, sendo responsabilidade de cada corredor a orientación mediante dispositivo GPS.
Durante o transcurso da proba, os participantes deberán respectar e cumprir as advertencias e indicacións do persoal de organización.
ART 15 - AVITUALLAMIENTOS
Ó longo do percorrido existirán varios avituallamentos líquidos e sólidos, situados nos lugares establecidos e que se anunciarán no rutómetro da proba.
ART 16 - SERVIZOS MÉDICOS
A organización dota á proba dun servizo sanitario e un plan de emerxencia sanitario de control e seguimento acorde ao percorrido e ao número de participantes. Durante a proba e de forma permanente, persoal sanitario velará pola seguridade e a atención dos participantes.
ART 17 - PUNTOS DE PECHE DE CONTROL
Co fin de garantir a seguridade dos participantes poderase establecer un punto de control horario que deberá de ser cumprido e respectado. En caso de chegar a este punto de control fora do horario establecido pola organización, o participante deberá coller o desvío para realizar obrigatoriamente a distancia corta.
ART 18 - ABANDONOS
Os ciclistas que se vexan obrigados a abandonar a proba deberán facelo nos puntos onde exista persoal de organización. A organización ten previsto un plan de recollida dos ciclistas retirados neses puntos.
Este dispositivo terá preferencia sobre os retirados con problemas físicos e a continuación asistirase aos que teñan problemas mecánicos.
ART 19 - PARTICIPACIÓN E CONDICIÓNS DO PARTICIPANTE
Poderán participar todos os ciclistas maiores de idade e que se atopen en condicións físicas aptas para a realización da proba.
O participante autoriza aos servizos sanitarios da proba, a que lle practiquen calquera cura que puidera necesitar, estando ou non en condicións de solicitala; comprométese a abandonar a proba se os servizos sanitarios así o consideran oportuno.
ART 20 - A organización resérvase o dereito a realizar as identificacións que considere oportunas, así como a suspensión da proba se as condicións meteorolóxicas ou outro motivo de forza maior o fan necesario.
A Organización resérvase o dereito a modificar a data da proba ou a súa quilometraxe.