Ruta BTT e Gravel Carballeda de avia 2026
18 outubro, 2026 en Carballeda de Avia
- Data de inicio: 18 outubro, 2026 - 10:00
- Prezo: 12.00€
- Lonxitude: 35000 metros
- Inscritos: 2 de 200
-
Peche de inscricións: En 27 días (11 outubro, 2026 - 23:59, ou ata esgotar prazas)
Inscríbete xa, prazas limitadas!
Resultado: Introduce un DNI/NIF válido e preme o botón de buscar.
Resultado: Correcto. O DNI/NIF está asociado a unha inscrición correcta no evento.
Resultado: Erro. O DNI/NIF non está asociado a ningunha inscrición correcta no evento.
Descrición
O evento está organizado polo concello de Carballeda de Avia, con carácter solidario, medioambiental e non competitivo.
A marcha celebrarase o domingo 18 de outubro no concello de Carballeda de Avia (Ourense), combinando o deporte ao aire libre coa concienciación e reforestación do contorno natural.
A proba contará cun percorrido de aproximadamente 35 km e un desnivel positivo arredor dos 1.100 m+.
Dificultade físico/técnica: Medio/alta.
Información adicional
Como parte fundamental do espírito desta marcha, todoslos ciclistas realizarán unha parada obrigatoria nun punto determinado do percorrido. En dita zona, afectada polos incendios forestais do verán de 2025, cada participante colaborará na plantación dunha árbore.
A organización facilitará as ferramentas e os exemplares necesarios, así como o persoal de apoio para realizar a plantación correctamente.
Email de contacto: adrianmoreira@carballedadeavia.com