IV Descenso a nado río Tambre
08 agosto, 2026 en Escola de Piragüismo Outes
- Data de inicio: 08 agosto, 2026 - 12:15
- Prezo: 25.00€
- Lonxitude: 4800 metros
- Inscritos: 3 de 100
-
Peche de inscricións: En 50 días (05 agosto, 2026 - 23:59, ou ata esgotar prazas)
Inscríbete xa, prazas limitadas!
- Data de inicio: 08 agosto, 2026 - 14:00
- Prezo: 08.00€
- Lonxitude: 400 metros
- Inscritos: 1 de 50
-
Peche de inscricións: En 50 días (05 agosto, 2026 - 23:59, ou ata esgotar prazas)
Inscríbete xa, prazas limitadas!
Resultado: Introduce un DNI/NIF válido e preme o botón de buscar.
Resultado: Correcto. O DNI/NIF está asociado a unha inscrición correcta no evento.
Resultado: Erro. O DNI/NIF non está asociado a ningunha inscrición correcta no evento.
Descrición
ORGANIZADO pola Escola de Piragüismo e
Tríatlon de Outes e @s Fanequiñas, e coa colaboración do concello de Noia,
concello de Outes, Protección Civil de Noia e Protección Civil de Outes.
A PROBA realizarase nas augas do río Tambre. Consistirá nun
descenso a nado, sen apoio de ningún mecanismo de axuda á propulsión ou
respiración, que percorrerá o último tramo do río Tambre, dende a ponte
colgante situada xunto ao peirao da Central do Tambre, concello de Noia, e as
instalacións da Escola de Piragüismo e Tríatlon de Outes, en Ponte Nafonso. A
distancia a percorrer é de aproximadamente 4.800 m. Haberá acompañamento
de embarcacións de apoio.
A SAÍDA dende a Central do Tambre producirase coincidindo coa
marea alta, entre as 12:30 e as 12:45 horas. As persoas participantes serán
trasladadas desde a Escola de Piragüismo e Tríatlon de Outes ata a Central do
Tambre en autobús.
A entrega dos DORSAIS terá lugar na Escola de Piragüismo e
Tríatlon de Outes, Ponte Nafonso, o mesmo día da proba, entre as 11:00 e as
11:45 horas. Tódalas persoas
participantes deberán presentar un documento de identificación válido
para poder recoller o dorsal.
Poderá PARTICIPAR calquera persoa que cumpra 14 ou máis anos
durante o ano 2026 e declare responsablemente ter capacidade e experiencia
suficientes para realizar o percorrido en probas similares.
Será OBRIGATORIO o uso de boia, lentes
de natación, gorro de baño (utilizarase o facilitado pola organización)
e chip (utilizarase o facilitado pola organización). O uso de
neopreno NON é obrigatorio.
Haberá ademáis unha PROBA INFANTIL, para participantes con
idades comprendidas entre os 8 e os 13 anos (nacidos entre o 2013 e o 2018).
Esta PROBA consistirá nun descenso a nado, sen apoio de ningún mecanismo
de axuda á propulsión ou respiración, que percorrerá o último tramo do río
Tambre, dende a rampa situada xunto ao bar CARTUCHO, ata as instalacións da
Escola de Piragüismo e Tríatlon de Outes, en Ponte Nafonso. A distancia a
percorrer será de aproximadamente 400 metros, e terá carácter NON
COMPETITIVO.
Nesta proba INFANTIL @s participantes
deberán contar cun permiso d@s tutor@s
legais no que autorice a participación d@ menor na proba, e declare
responsablemente que est@ ten capacidade e experiencia suficientes para
realizar o percorrido.
Será tamén OBRIGATORIO o uso de lentes
de natación e gorro de baño (utilizarase o facilitado pola organización).
O uso de neopreno NON é obrigatorio.
A saída da PROBA INFANTIL realizarase desde a rampa do CARTUCHO ás 14:00
(hora aproximada, dependendo do desenvolvemento da proba absoluta). Esta proba
infantil contará así mesmo con acompañamento de embarcacións de apoio.
As INSCRICIÓNS
poderanse realizar entre o 15 de xuño e as 23:59 horas do 5 de agosto, na
páxina web www.321go.es . O prezo da
inscrición na proba absoluta é de 25 euros e inclúe seguro de
accidentes, traslado desde o lugar de recollida de dorsais ata a saída
na Central do Tambre, aluguer de chip de seguemento, gorro e avituallamento á chegada.
No caso da proba INFANTIL,
o custe será de 8 euros.
No momento da inscrición todas as persoas aceptarán
que:
1.
A inscrición é persoal e
intransferible.
2.
A súa imaxe e nome se poida
utilizar nos medios de comunicación e redes sociais para difundir a celebración
e os resultados da proba e para promocionar vindeiras edicións.
3.
Coidarán o medio ambiente.
4.
Coñecen e aceptan esta
normativa.
5.
Seguirán en todo momento as
indicacións da organización.
6.
Se cambie a hora, ruta, data ou
cancele definitivamente a proba se concorren circunstancias que o requiran. En
caso de cancelación definitiva, NON se devolverá a cota de inscrición .
Emitirase orde de pagamento a favor de 321
GO Eventos S.L. con cargo na mesma conta bancaria coa que se aboou a
matrícula por importe de 60 euros só se non se devolve o chip ao final da proba.
PREMIOS: entregarase un agasallo conmemorativo do IV Descenso a nado do río
Tambre ás tres primeiras nadadoras e aos tres primeiros nadadores. A entrega
realizarase na zona de chegada, nunca antes de que todas as persoas
participantes cheguen á meta.
Haberá ademáis
agasallos para @s participantes de menor e de maior idade que participen na
proba absoluta. Tod@s @s participantes na proba
infantil recibirán un agasallo conmemorativo.
ABANDONAMENTO: Se unha persoa está mal e considera que non pode continuar o descenso,
moverá un ou os dous brazos por riba da súa cabeza como sinal de socorro. En
primeira instancia, recibirá o apoio da persoa da organización ou da
embarcación máis próxima que lle acompañará ata que chegue o medio de
evacuación adecuado. As persoas responsables da organización están autorizadas
a promover a evacuación dunha persoa participante se, ao seu xuízo, non está en
condicións de realizar a proba. En ningún caso será obrigada a retirada se se
cumpren dúas condicións: 1) o desexo expreso da persoa participante de
continuar, 2) que o tempo empregado non supere o triplo do tempo
empregado pola primeira persoa participante que pasou polo mesmo punto.
Información adicional
O organizador non proporcionou ningunha información adicional para o evento.
Arquivos adxuntos
O organizador non engadiu ningún arquivo adxunto para o evento.